Saúdos!
Vimos a presentar o obxectivo desta iniciativa popular en favor da liberdade de Arnaldo Otegi.
Antes de nada, queremos manifestar que o facemos a título persoal, é dicir, sen representar a ningún partido, asociación, nin institución.
Dúas razóns móvennos, fundamentalmente, para pedir a liberdade do noso concidadán:
– En efecto, non é nada agradábel ver a un familiar privado de liberdade, e menos se o está sen razóns que o xustifiquen, por cegueira ou por calculada estratexia. Queremos demostrar a nosa solidariedade e apoio cunha aperta a Arnaldo e aos seus achegados: Loli, Asensio, Mari Juli, Hodei e Garazi.
– Pola outra banda, indo máis alá de Elgoibar, é inevitábel que reparemos nos cambios e movementos que teñen lugar en Euskal Herria: declaracións de Altsasua e Bruxelas, ademais dos contactos entre os partidos abertzales.
Foi necesaria a contribución de Arnaldo para chegar a este punto e cremos que seguirá sendo importante o seu traballo nun futuro próximo. Esta é a segunda razón para reclamar a súa liberdade.
Non somos ilusos. Sabemos que, debido á calculada política do goberno, será difícil que consigamos ir moito máis alá desta praza con esta puntual reivindicación, mais aquí queda o noso apoio e pequena aportación á paz.
Invitamos a todos os elgoibartarras a participar nos actos que promova esta plataforma.
Para rematar, non queremos deixar no esquecemento ao resto de presos e presas do pobo. Unha aperta, tamén, para eles e os seus familiares.
ARNALDO ASKATU, POLITIKA ASKATU PLATAFORMA
2010-05-15