xuízos

> 13/7/1987.- Primeiro ingreso en prisión preventiva en España.

> 1/2/1989.- Absolto pola Audiencia Nacional da acusación de ter participado no secuestro en 1979 do entón deputado de UCD, Javier Rupérez.

> 21/2/1989.- A Audiencia Nacional condénao a seis anos de prisión polo secuestro en 1979 do director da fábrica Michelín de Vitoria, Luis Abaitua.

> 4/10/1990.- Absolto na causa polo secuestro -tamén en 1979- do deputado de UCD, Gabriel Cisneros. Sae en liberdade provisional.

> 11/9/1991.- Ingresa en prisión para rematar de cumprir a condena polo secuestro de Abaitua.

> 4/5/1993.- Sae en liberdade definitiva.

> 1/4/2004.- O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSXPV) condénao a quince meses de prisión por “enaltecemento do terrorismo” pola súa intervención tres anos antes no enterro de Olaia Castresana.

> 23/3/2005.- O TSXPV absólveo da acusación de inxurias graves ao Rei ao estimar que as declaracións feitas o 26 de febreiro de 2003, cualificando a Don Juan Carlos de “responsábel dos torturadores”, estaban amparadas pola liberdade de expresión.

> 25/5/2005.- O xuíz Fernando Grande-Marlaska ordena o seu ingreso en prisión -eludíbel baixo fianza de 400.000 euros- no sumario no que investiga a financiamento das “Herriko Tabernas”. Dous días despois, Otegi paga a fianza e abandona o cárcere.

> 2/6/2005.- Grande-Marlaska procesa a Otegi por integración na ETA na causa das “Herriko Tabernas”.

> 4/11/2005.- O Tribunal Supremo (TS) revoca a sentenza anterior do TSXPV e condénao a un ano de prisión por inxurias graves a Rei, ao considerar que as súas palabras afectaban ao “núcleo último” da dignidade do xefe do Estado.

> 18/1/2006.- O TS anula a sentenza do TSXPV que o condenara pola súa intervención no enterro de Olaia Castresana e ordena repetir o xuízo.

> 29/3/2006.- Grande-Marlaska ordena o seu ingreso en prisión, eludíbel baixo fianza de 250.000 euros, ao consideralo “indutor” dos actos violentos acontecidos durante a xornada de folga convocada vinte días antes en Euskadi pola morte de dous presos da ETA.

> 7/4/2006.- Sae de prisión tras abonar a fianza.

> 27/4/2006.- A Audiencia Nacional condénao a 15 meses de prisión por “enaltecemento do terrorismo” pola súa participación “activa” nunha homenaxe ao membro da ETA, José Miguel Beñarán, Argala, en decembro do 2003.

> 21/3/2007.- A Audiencia Nacional -que volvía a xulgalo pola homenaxe a Olaia Castresana- vese obrigada a absolvelo, a pesares de considerar que había “proba de cargo suficiente” para a súa condena, despois de que a Fiscalía retirara a acusación contra el.

> 8/6/2007.- É detido pola Policía e ingresa en prisión para cumprir a sentenza pola homenaxe a Argala.

> 5/12/2007.- A Audiencia Nacional arquiva a causa na que o imputaron por participar no 2003 en Bilbo nunha homenaxe ao presunto membro da ETA, Arkaitz Otazua, morto nun enfrontamento coa Ertzaintza.

> 30/8/2008.- Otegi sae de prisión tras cumprir a condena pola homenaxe a Argala.

> 12/1/2009.- O TSXPV arquiva a causa aberta entre outros a Otegi, o lehendakari, Patxi López (PSE), e o seu antecesor, Juan José Ibarretxe (PNV), por reunirse en 2006 e 2007.

> 9/10/2009.- O xuíz Eloy Velasco abre xuízo oral a Otegi por “enaltecemento do terrorismo” en relación coa súa intervención no acto celebrado por Batasuna no velódromo de Anoeta o 14 de novembro do 2004.

> 13/10/2009.- Detido en Guipúzcoa xunto a outros dirixentes da esquerda abertzale acusados de intentar reconstituír a dirección de Batasuna. Tres días despois, o xuíz Baltasar Garzón ordena o seu ingreso en prisión incondicional, situación na que permanece até hoxe.

> 2/3/2010.- A Audiencia Nacional condénao a dous anos de prisión por “enaltecemento do terrorismo” durante a súa participación no 2005 en Amorebieta (Bizkaia) nunha homenaxe ao preso da ETA, José María Sagarduy.

> 9/12/2010.- A Audiencia Nacional absolve a Otegi e aos líderes de Batasuna, Joseba Álvarez e Joseba Permach do delito de “enaltecemento do terrorismo” do que estaban acusados polo mitin celebrado no velódromo de Anoeta de Donostia o 14 de novembro do 2004.

> 16/12/2010.- A Fiscalía da Audiencia Nacional recorre a absolución dos dirixentes de Arnaldo Otegi no caso polo mitin de Anoeta no que estaba acusado, xunto a Joseba Álvarez e Joseba Permach, dun delito de “enaltecemento do terrorismo”. O Ministerio Público anuncia a súa intención de presentar recurso de casación ante o Tribunal Supremo, ao sinalar que non está “conforme” coa resolución que ditou a Sección Segunda da Sala do Penal da Audiencia Nacional.

> 4/1/2011.- A Fiscalía da Audiencia Nacional pide 10 anos de prisión para Arnaldo Otegi e outros sete dirixentes da esquerda abertzale por intentar reconstruír Batasuna a través do proxecto “Bateragune”.

> 8/2/2011.- O Tribunal Supremo anula o xuízo no que Otegi foi condenado a dous anos de prisión por homenaxear ao preso da ETA José María Sagarduy no 2005 en Amorebieta (Bizkaia) e ordena á Audiencia Nacional que celebre unha nova vista con outro tribunal, ao considerar que a xuíz Ángela Murillo actuou cun “prexuízo”.

> 15/3/2011.- O Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo dita sentenza contra España por violar a liberdade de expresión de Arnaldo Otegi ao condenalo por chamar ao Rei “xefe dos torturadores”. O Goberno debe indemnizar a Otegi con 20.000 euros por “danos morais” e pagar outros 3.000 polo custo do xuízo.

> 18/5/2011 .- O Tribunal Supremo confirma a sentenza ditada pola Audiencia Nacional que absolveu a Otegi da comisión dun delito de “enaltecemento do terrorismo” no seu mitin do 2004 no velódromo de Anoeta.

> 7/7/2011 .- Arnaldo Otegi afirma que a esquerda abertzale separouse da estratexia militar de ETA, a cal, lles “sobra e estorba”, durante a súa última quenda de palabra no xuízo que se celebrou na Audiencia Nacional pola reconstrución de Batasuna baixo a marca Bateragune.

> 12/7/2011 .- A Audiencia Nacional volve a xulgar por “enaltecemento do terrorismo” a Otegi polo seu intervención nunha homenaxe ao preso da ETA José María Sagarduy, despois de que o Tribunal Supremo anulara o primeiro xuízo ao estimar que unha maxistrada, Ángela Murillo, “prexulgou” a culpabilidade do acusado. Na vista, o dirixente abertzale asegura que no seus mitins “nunca” chamou “á acción violenta”.

> 22/7/2011.- A Audiencia absolve a Otegi da comisión dun delito de enaltecemento do terrorismo pola súa participación na homenaxe a Sagarduy.

> 16/9/2011 .- A Audiencia Nacional condena a 10 anos de cárcere a Otegi e Díaz Usabiaga como dirixentes da organización armada ETA no grao de dirixentes. Segundo a sentenza, a ETA ordenou a ambos a creación dun órgano que actuara como o seu “brazo político”.

> 9/05/12 .- A condena seríalle rebaixada polo Tribunal Supremo a seis anos e medio, ao considerar que non eran dirixentes da organización armada ETA.

> 14/10/12 .- Incomunicáselle, como medida de cautela, despois de que se fixera pública o día anterior unha gravación súa nun mitin de EH Bildu, na cal chamaba a “baleirar os cárceres e ocupar as rúas para defender os nosos dereitos”.

> 23/02/13 .- Foi elixido secretario xeral de Sortu no seu congreso fundacional, aínda que se atopaba encarcerado.

> 05/06/2013 .- Arnaldo Otegi e outros 39 acusados serán xulgados o próximo 17 de outubro, así o fixou a Sección Segunda da Sala do Penal da Audiencia Nacional (Herriko Tabernas).

> 04/06/13 .- O Tribunal Constitucional decide que Otegi e o resto de procesados do Bateragune, continúen en prisión, dado que a súa condena é superior a 5 anos.